COMUNICADO DE AEDA, ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DA NARRACIÓN ORAL EN ESPAÑA, PERANTE A SUBIDA DE IMPOSTOS POR PARTE DO GOBERNO
AEDA, Asociación de Profesionais da Narración Oral en España, quere manifestar o seu abraio, fonda preocupación e rexeitamento absoluto polas últimas medidas tomadas polo Consello de Ministros que condenan a nosa profesión á desaparición.
Consideramos que unha subida do IV
Dende a súa fundación, a nosa asociación inverteu recursos económicos e esforzos persoais amais de fomentar a profesionalización de narradores e narradoras amateurs co obxectivo de dignificar o noso labor e ampliar a situación de legalidade dos profesionais. Este intenso traballo verase frustrado pola subida inxustificada dos impostos nun total do 19%.
A medida adoptada polo Consello de Ministros, que grava o noso traballo cun IVE tres veces e medio maior có de países como Francia, xa ten consecuencias: a máis que probable suspensión de arredor de 500 sesións de narración oral que estaban programadas para o derradeiro trimestre do ano. Isto supón a maiores que se deixará de ingresar o IVE correspondente, non se recadará o IRPF, a maioría do profesionais daranse de baixa da Seguridade Social, et.
Así mesmo, comunicamos que apoiaremos as accións de protesta pacíficas que dispoñan o resto de colectivos de profesionais da Cultura.
Solicitamos, por todo isto, a urxente rectificación por parte do Gobernos e unha negociación coas Asociacións de Profesionais da Cultura, co obxecto de pactar medidas asumibles polos nosos colectivos.