Versión en castellano

Un vello refrán baionés chámanos á acción. As estrelas a brillar, mariñeiros para o mar. Esta chamada á acción noitarega encheu as costas do Atlántico durante milenios. Homes e nenos montando nas súas embarcacións de pau e adentrándose nun mar duro e impredecible, en plena noite fría, empapados coa luz das estrelas, na procura do seu sustento, ás veces submarino, outras en portos distantes. Agora é tempo de estrelas que brillan na noite. É tempo de botarse de novo ao mar, malia que a noite. 

Robert MacFarlane explica no seu fermoso libro The Old Ways os sendeiros imaxinarios que percorren o Atlántico europeo, das Hébridas ata Galicia, e dá conta de cal era o material máis valioso traficado entre os portos da ribeira: as historias, as infinitas variantes dos contos, levados por todos os brazos da bitácora, de norte a sur, de leste a oeste e de volta.  O festival Atlántica concibe a Galicia toda coma un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán, no que atracarán historias e contadores de historias dos países que beirean o Océano Atlántico. Contadores de Galicia, Portugal, Inglaterra, Arxentina, Brasil, Uruguai,…países vinculados todos eles ao mar e que fixeron do mar un dos seus máis fortes selos de identidade. Galicia é coma o capacho no que se recollen as historias que van e veñen por este mar.  

O Festival Atlántica baséase nunha programación de contadores de historias; as mañás e as tardes, os contadores achéganse ao mundo dos nenos. No serán, é o momento do debate, da reflexión, do diálogo e dos obradoiros de formación para os propios profesionais da narración oral. Na noitiña, contadores paseantes amosan a pequenos grupos as historias que latexan nas cidades, viaxando no espazo e no tempo coas narrativas que agacha a historia de Compostela. En chegando a noite, os bares e teatros énchense das palabras na programación para adultos 50 actividades en dez días. Programación para todos os públicos en dous municipios ben distintos: Santiago de Compostela, e Oleiros.  

Atlántica 2013 (5 -16 de marzo. Galicia) Festival de Historias Oceánicas. Un momento de saír a escoitar historias, porque nesta noite escura xa brillan as estrelas. 

Adicado aos 25 anos do Pub Atántico berce do narrar

 

cartel A3 def

 

Soledad Felloza
Máis información