Constitúese NOGA a Asociación de Narración Oral Galega, unha das artes máis populares da Galiza!
O colectivo de Narración Oral Galega NOGA celebrou a súa constitución como asociación o pasado 1 de Outubro e xa conta con máis dunha trintena de profesionais.
A asemblea constituínte tivo lugar no marco do FIOT de Carballo, onde acudiron narradoras e narradores orais de todo o país.
Durante a Asemblea as asociadas reflexionaron sobre aspectos como a dignificación do traballo en termos de visibilidade e condicións laborais ou a necesidade de ser interlocutoras para as institucións.
Por outra banda, púxose de manifesto un eixo imprescindible: o compromiso coa lingua galega por parte das profesionais que forman parte do colectivo.
Somos e contamos en galego.