AEDA, a Asociación de Profesionais da Narración Oral en España, quere facer pública e manifesta a súa adhesión como colectivo á folga xeral convocada polos sindicatos para o vindeiro mércores 14 de novembro (14N) tralas brutais medidas tomadas polos nosos gobernadores en contra do público: contra a cultura, contra a sanidade, contra a educación... no que parece un metódico desartellamento do Estado de Benestar.
Os membros de AEDA séntense, ademais, especialmente agredidos polas insólitas subidas de impostos (que non repercuten na mellora do público), así como polos malos tratos dados ao colectivo de autónomos, do cal, a maioría de asociados e asociadas, formamos parte.
Por todo iso e por moitas outras razóns, AEDA adhírese á folga xeral do 14N e invita ao resto de asociacións e aos narradores e narradoras a título persoal, a que a secunden.

 

 


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar