castelán – inglés – catalán – eúscaro

PALABRAS QUE TENDEN PONTES

As xentes da narración oral vivimos de contarmos, de dicirmos, de falarmos, somos homes e mulleres de palabra, de palabras, e coñecemos a forza que se agocha tras delas. Sabemos que as palabras poden destruír e construír, empurrar e apertar, ferir e sandar... Xa que logo, nestes días convulsos desde AEDA queremos condenar calquera tipo de violencia, quer verbal, quer física, e facemos un chamamento ao diálogo, un chamamento para habilitar espazos de palabra partillada e de encontro, lugares nos que se cultiven palabras das que tenden pontes, das que edifican espazos de convivencia, das que achegan as persoas.

E este non é só un chamamento aos políticos e políticas, que tamén, é un chamamento a todos os protagonistas atrapados polo rodopío destes días, a xornalistas, a xentes da cultura, a figuras públicas, a uns, a outros, a ti, a vós, a nós, a todos.