castelán – inglés – catalán – eúscaro
Contamos contos e narramos historias para atoparnos nelas.
Dámoslles voz a través do aire que respiramos, para que a súa frecuencia resoe no que escoita.
Contamos historias antigas e modernas a través do noso corpo e o xeito de nos expresarmos.
Contamos dende o noso interior, deixando espazo ao baleiro para que este poida expresarse.
Por iso respiramos as palabras que entregamos oralmente a quen escoita.
O resto, acontece só, ninguén intervén.
As historias xorden do BaleirO do narrador, do seu CerO, que é Oxíxeno, e dende aí, despréganse na Oralidade.
Dende a Oralidade, a través do Oxíxeno, dese CerO, volven ao BaleirO de cadaquén.
Do silencio ao silencio, pasando pola voz do narrador.
Traducido por Charo Pita