Marta Ortiz

   Correo electrónico

martatropadetrapo@gmail.com

   Teléfono

(0034) 670207744

   Conta en

galego e castelán

   Vive en

Cangas do Morrazo (Galicia)

   Ficha noutros idiomas

CastelánInglés

   Web

http://charlatana.org

   Descrición

Son catalana, de orixe andaluz e vivo e conto en Galicia dende o 2007. Así que tamén son galega de adopción e corazón.

“Esta nena ten moitos paxaros na cabeza” . Esta frase fíxome compañía na miña infancia. Dicíanma meus pais, falando de min. Ás veces con tono divertido, outras enfadado. A min sempre me pareceu unha descrición moi bonita do que pasaba pola miña imaxinación. Tentei que os paxaros non me abandonaran ao medrar. Quizais por iso me adico a contar historias.

Traballei en moitos sitios, estudei varias cousas. Encantáme a literatura, o cine, viaxar...Vivín en varias cidades ata que cheguei a Santiago de Compostela. Alí foi onde descubrín os contos contados. En Santiago chovía todo o tempo. Chovia tanto, tantísimo, que un grupo de forasteiros medio deprimidos empezamos a xuntarnos, cada luns nunha casa para contar historias e esquecer a choiva. Era como o Clube dos Poetas Mortos pero con contos e con moita choiva. Luns a luns contábamos polo simple pracer de contar, de escoitar e compartir historias. Fomos crecendo. Cada vez éramos máis, así que ao chegar o bo tempo tomamos a Praza de Praterías de Santiago para as nosas reunións. Alí descubrín que as historias eran o fío conductor que unía todo o que me gustaba e fixera ata o momento: literatura, oralidade, cine, encontros.

Na Praza de Praterías tamén coñecín a Brais das Hortas, un músico e narrador coa cabeza chea de melodías e historias. Brais animoume a saltar por riba da miña timidez e comezamos a contar xuntos, máis alá das nosas sesións de contos dos luns. 

No 2007 Brais e mais eu formamos a Tropa de Trapo e comezamos a contar contos con música en directo. Lanzámonos de cheo, sen rede. Deixamos todo o demais e comezamos a contar polos institutos de Galicia. Eses primeiros anos traballamos sobre todo con público adolescente e adulto. Despois comezamos a contar tamén para público infantil e familiar. Contamos en teatros, prazas, casas da cultura, auditorios, bibliotecas, centros educativos, prisións...

Encántame contar con música en directo. Conto acompañada de instrumentos moi diversos (guitarra española, acústica, eléctrica, portuguesa, laúde árabe, frautas de orixen chino, acordeón… Brais anímase con todo!). Un dos instrumentos que marcaron profundamente os espectáculos de Tropa de Trapo foi unha batería feita con caldeiros de plástico e metal que tanto pon ritmo a un conto sobre xigantes, como nos serve para rapear… Xa vos dixen : gústanos experimentar e facer un pouco o gamberro. 

No espectáculo Matrioskas conto coa cantautora Sofía Espiñeira. Aquí contos e cancións se entretecen ata o punto de contar unha canción-conto ou un conto-canción. 

Tamén conto soa. Gústame contar con obxetos, co xesto, con rima, con cancións, con instrumentos sinxelos. Gústame investigar novos camiños.

En todos estes anos adicada ao conto din de comer aos paxariños da miña cachola con cursos de voz, da danza, expresión corporal, clown, teatros social e narración oral… de todo o que me puidera servir para seguir alzando o voo.

Os meus contos nacen de historias de vida, de recordos incompletos, de soños, onde realidade e ficción se mezclan ata que non se sabe onde remata unha e comeza a outra. Outras veces son contos tradicionais, rimas, adiviñas, poemas. Moitas outras veces son travesuras da fantasía e tolerías inventadas.

Dende 2017 comparto aventura como socia fundadora con outras tres compañeiras en Charlatana Cooperativa Galega de Artistas para a creación, produción e distribución propia de diversas disciplinas artísticas (narración oral, música, teatro infantil e cerco). As compañías que configuramos esta cooperativa somos: Tropa de Trapo, Blues do País, Peter Punk Pallaso, Marta Ortiz e Brais das Hortas.

   Facebook

https://www.facebook.com/mmartaortiz

   Instagram

https://www.instagram.com/martaortizcontos/

   Youtube

   Número de visitas

836